sábado, 12 de noviembre de 2016

APRENDEMOS COMO FUNCIONA UNHA EMPRESA POR DENTRO

A excursión á empresa SGS, gustounos moito, non so polo ben que nos trataron senon polo moito que aprendimos, como a importancia da seguridade nas empresas, e de que cada un desempeeñe unha función, porque todo é mellor se se traballa en equipo. Cada neno segundo a súa función na cooperativa foi con persoas diferentes  dentro da empresa SGS, para que aprenderan esa tarefa específica. Os nenos disfrutaron e aprenderon e nos os mestres tamén aprendimos que un bo clima de traballo é importante, e alí todos traballaban con bo clima como unha pequena familia. Para rematar a excursión fumos ata a calle de Príncipe en Vigo, para ir visitar o museo de arte contemporáneo "MARCO", serviunos de inspiración para as nosas produccións, porque con calquera cousa hoxe en día se pode facer arte, polo que aprendimos e ampliamos a nosa visión artística.

No hay comentarios:

Publicar un comentario