lunes, 31 de octubre de 2016

CATÁLOGO COOPERATIVA RIOMAIOR

  Botádelle unha ollada aos productos que facemos os nenos da Cooperativa Riomaior e elixide o que máis vos gusta e aproveitade para facer algún agasallo na familia, esperamos os vosos pedidos no correo:  cooperativariomaior@gmail.com




domingo, 30 de octubre de 2016

EVENTO COMPOSTAXE

 Dende as 13:00 a Cooperativa Riomaior traballou sen descanso para preparar o evento, moitas prisas e cousas de última hora que case non nos derón tempo nin a comer xuntos o bocata. Pero todo estivo listo ás 16:3. Comezamos coa charla de Kiko, concelleiro de medio ambiente,cando rematou pouco a pocuo os  postos comezaron a encherse, de feito houbo momentos de moito axetreo. 
No medio do evento houbo un parón, polo que decidirón vender fóra dos postos e baixar os prezos a 50 céntimos, en pouco tempo non quedou nada. En definitiva  ademáis de vender, prantar árbores, compostar, escoitar boa música da banda de Vilaboa e dar os premios a 3 afortunados que levaron para casa, cadanseu composteiro; o evento rematou, cunha gran satisfacción por parte da cooperativa e a boa sensación dun traballo en equipo ben feito.
Esperamos vervos na próxima ocasión, o vindeiro mes de Novembro!!


miércoles, 26 de octubre de 2016

PINTADO DO MURO DO COMPOSTEIRO

Colaboramos co concello decorando o muro que hai xunto ao composteiro, para o día do evento da compostaxe:





lunes, 17 de octubre de 2016